Anexo I: Regulamento do Proceso Electoral

Artigo 1º: Disposicións Xerais

O presente Regulamento ten por obxeto regular o procedemento electoral deo Club Náutico de Camariñas para a elección do Presidente e da súa Xunta Directiva ó abeir do disposto na Ley 11/1997, do 22 de agosto, Xeral do Deporte de Galicia e nos Estatutos do Club.

O Presidente e a súa Xunta Directiva serán elixidos mediante sufraxio libre e segredo, por entre os membros da Asemblea Xeral Extraordinaria, cada 4 anos. O cargo de Presidente e o de membro da Xunta Directiva son reelixibles.

Deberá convocarse o proceso electoral dentro dos quince días seguintes de vencer o prazo do mandato da Xunta Directiva ou cando se produzca a dimisión de máis da metade dos seus membros, tendo, neste interím, que nomearse os membros da Xunta Electoral que haberá de dirixir o proceso electoral.

A partir do momento da convocatoria, a Xunta Directiva e o Presidente constituiranse en Xunta Xestora, garantindo a máxima publicidade e difusión de dita convocatoria e do regulamento electoral, polos medios que resulten mais axeitados, podendo realizar cantos actos de xestión e administración sexan precisos para o correcto funcionamento da Entidade e a consecución dos seus fins.

Os procesos electorais deberán celebrarse baixo os principios de claridade e transparencia, salvaguardando en todo momento a imaxe e bo nome do Club, e evitando que eventuais intereses electorais de parte poidan perxudicar ou cuestionar os valores cívicos e democráticos que tan profundamente arraigan no Club.

Artigo 2º: Censo Electoral

O Censo Electoral comprende a relación nominal e individualizada dos socios de número que, segundo os Estatutos do Club, reunan a condición de elector e elixible no momento da convocatoria das eleccións, con base nos seguintes requisitos:

2.1.-Ser maiores de idade, estar en pleno uso dos dereitos civís e ao corrente nas súas obrigacións como socios e no pagamento das cotas establecidas.

2.2.- Ter unha antigüedade mínima de 1 ano como socio do Club.

2.3.- Non estar incurso en ninguha causa de incompatilidade establecida legalmente ou nos Estatutos do Club.

2.4.- Os socios elixibles deberán presentar as súas candidaturas por escrito, dirixidas a Xunta Electoral, consignando nelas o nome e apelidos, cargo ao que se presentan e acompañando a copia do D.N.I.

Artigo 3º: Xunta Electoral

A xunta Electoral é o órgano que dirixe e controla todo proceso electoral, podendo decidir sobre calquera cuestión ou incidencia que afecte á celebración das eleccións e ós seus resultados. Os seus membros non poderán se candidatos á Xunta Directiva.

Serán competencias súas coñecer e resolver as cuestión e reclamacións relativas ó censo electoral, ás candidaturas e ás votacións, aprobar e publicar o calendario electoral, dirixir o acto de votación e escrutinio e, con carácter xeral, examinar toda a documentación que xere o proceso, sendo responsables da súa conformidade e adecuación ao presente regulamento.

Deberá constituirse o mesmo día da convocatoria das eleccións e disolverse unha vez concluido o proceso electoral tras a proclamación definitiva do Presidente e Xunta Directiva electas. No desenvolvemento da súa actividade poderá recabar a axuda convinte, ainda que as mesmas non poderán intervir nin participar directa ou personalmente no proceso electoral. En calquer caso, a Xunta Directiva deberá de atender e disponer todos os medios necesarios que a Xunta Electoral poida esixir para o axeitado cumprimento da súa función.

Estará composta por tres membros titulares e tres suplentes, Presidente, Secretario e Vogal, elixidos pola Xunta Directiva saínte a proposta do Presidente, de entre os socios de número que conten con máis de cinco anos de antigüidade. Podendo ser nomeados membros saíntes da antiga directiva sempre que non vaian concurrer como candiadtos no novo proceso electoral. Adoptarán os seus acordos por mayoría simple. O presidente e o Secretario o serán tamén da Asemblea Extraordinaria no que respecta a elección. Os seus nomes figurarán na publicación da convocatoria das eleccións.

Artigo 4º: Calendario Electoral

O calendario electoral, que deberá ser aprobado e publicado pola Xunta Electoral, deberá cumprir e adecuarse aos seguintes prazos:

4.1.- Primeiro día. Publicación da convocatoria das eleccións e do censo electoral nos cadros de anuncios do Club. Información do apartado de correos a donde irán dirixidos os votos por correo. Apertúrase o prazo de interposición de reclamacións o censo ata as 20:00 horas do séptimo día.

4.2.- Oitavo día. Resolución pola Xunta electoral das reclamacións o censo electoral, ata as 20-00 horas, e inicio do prazo de presentación de candidaturas ata as 20:00 horas do decimoprimeiro día.

4.3.- Decimosegundo día. Publicación pola Xunta Electoral das candidaturas presentadas e apertura do prazo de presentación de reclamacións contra as mesmas ata as 20:00 horas do decimocuarto día.

4.4.- Decimoquinto día. Resolución pola Xunta Electoral das reclamacións contra as candidaturas, ata as 20-00 horas, publicación das candidaturas definitivas e apertura da campaña electoral. No caso de presentación dunha soa candidatura, proclamarase os candidatos como cargos electos, finalizando o proceso electoral sin necesidade de proseguir o mesmo nin de celebrarse o acto de votación.

4.5.- Vixésimo día. Celebración da Asemblea Extraordinaria, votación e peche da recepción do voto por correo, ata as 20-00 horas. Escrutinio e proclamación do Presidente e Xunta Directiva electos. Apertura do prazo de presentación de reclamacións as votacións ata as 20-00 horas do vixésimoprimeiro día.

4.6.- Vixésimosegundo día. Resolución das reclamacións ás votacións ata as 20-00 horas. Proclamación definitiva, no seu caso, do Presidente e Xunta Directiva electa.

Artigo 5º: Votacións

A Xunta Electoral presidirá o acto da votación e resolverá de contado sobre calquera obxeción ou incidente que poida xurdir no desenvolvemento do acto. Poderán estar presentes na mesma mesa un interventor por cada unha das condidaturas presentadas.

O acto do voto realizarase mediante introducción en urna das papeletas correspondentes ás distintas candidaturas, considerándose nulas as papeletas que presenten calquera tipo de inscrición distinta á impresión orixinaria. Deberá acreditarse a titularidade de elector mediante a presentación do D.N.I., e consignarase a identidade do votante no censo electoral.

A duración da votación será establecida pola Xunta Electoral. No momento do peche das urnas, votarán os interventores e os membros da Xunta Electoral. A continuación procederáse a apertura do voto por correo e, previa introducción do mesmo na urna, procederase ao escrutinio.

A Xunta Electoral levantará a correspondente acta da sesión, na que consignará o cómputo de votos válidos, en branco e nulos, o nome dos cargos electos e calquera tipo de incidencia ou reclamación rexistrada, firmando os membros da Xunta e os interventores presentes.

Artigo 6: Votación por Correo

Admitirase o voto por correo para a elección do Presidente e Xunta Directiva. Admitirase o voto por correo que, cumprindo os requisitos esixidos, teña entrada na Xunta Electoral antes do peche da votación no día sinalado no calendario electoral.

No momento de apertura dos sobres cos votos por correo e antes da súa introducción na urna electoral, o Presidente verificará o cumprimento dos requisitos esixidos no presente artigo, declarando nulos aqueles sobres que carezcan de calquera destes requisitos ou ben haxanse recibido por duplicado ou o socio remitente houbera xa votado presencialmente.

Para considerar válidos os votos por correo, os sobres recibidos deberán cumprir cos seguintes requisitos:

Remitir o voto nun sobre pechado dirixido a Xunta Electoral do Club Náutico de Camariñas, e a dirección dun apartado de correos que estará contratado a tal efecto na oficina de Correos local, donde quedarán depositados baixo a custodia do secretario de dita xunta, introducindo no mesmo a copia do D.N.I., do socio elector. No interior do sobre, ademáis, deberá introducirse outro sobre mais pequeño que conterá a papeleta correspondente a candidatura que se pretenda votar.

Artigo 7: Impugnacións e Reclamacións

Tódas as decisión adoptadas pola Xunta Elecotral durante as distintas fases do proceso terán plena eficacia e executividade, non podendo considerarse suspendidas pola presentación de impugnacións e reclamacións de ningún tipo.

As resolución da Xunta Electoral deberán ser publicadas nos cadros de anuncios do Club, sin prexuicio das correspondentes notificacións que se derixan os interesados.

As reclamacións e impugnacións durante o proceso electoral soamente poderán ser presentadas por socios de número da entidade.

Naquelas cuestión que poidan suscitarse durante o proceso electoral, que non estean específicamente recollidas no presente regulamento, deberá de estarse a o que, con carácter interpretativo, decida a Xunta Electoral, sen prexuicio de que tales decisión poidan ser impugnadas perante os órganos competentes que no seu caso corresponda.

<< Capítulo IX Índice de Contenido