Capítulo III: Réxime Económico-Financeiro e Patrimonial

Artigo 13º: Recursos Económicos

Decláranse recursos económicos do Club os seguintes ingresos:

  1. As aportacións económicas dos socios, cotas de alta e mensuales, que aprobe a Asemblea Xeral.
  2. As doazons e subvencións que reciba.
  3. Os resultados económicos que pode producir as manifestacións físico-deportivas que organice a entidade.
  4. As rendas, froitos e intereses do seu patrimonio.
  5. O producto das vendas que se realicen.
  6. Os producidos por calquer medio legal.

Queda expresamente excluido como fin do Club ó ánimo de lucro e a totalidade dos seus ingresos e beneficios aplicaranse ó cumprimento dos seus fins socias.

Artigo 14º: Réxime Económico-FinancEIro

A asociación sométese ó réxime de orzamento e patrimonio propio coas seguintes limitacións:

  1. A totalidade dos seus bens e ingresos aplicaranse ó cumprimento do obxeto social.

  2. Só poderá destinar os seus bens a fins industriais, comerciais, profesionais ou de servicios, ou exercer actividades de igual carácter, ou participar en sociedades que os exerzan, cando os posibles rendimentos se apliquen íntegramente a conservación do seu obxeto social, e sen que, en ningún caso, poidan repartirse beneficios entre os asociados.

  3. A titularidade de acción, participación ou dereitos en calquer tipo de sociedade, fundación, agrupación, unión temporal de empresas ou baixo calquer outra denominación xurídica por parte do Club, non transmitirá ningún dereito neste ós demais accionistas, socios, partícipes, etc., nin ós seus empregados, clientes ou proveedores, nin terán, calquera deles, acceso os locais e instalación exclusivos dos socios.

  4. O Club poderá adquirir por compra mais títulos representativos do capital social dos que estean en circulación ou subscribir os que vaian ser emitidos daquelas sociedades, dundacións, ets., das que sexa accionista ou partícipe, de acordó coas disposicións legais en vigor e sempre e cando tales operación sexan autorizadas por maioria dos dous terzos dos socios presentes en Asemblea Xeral Extraordinaria.

  5. Poderá fomentar manifestacións de carácter deportivo dirixidas o público en xeral, aplicando os beneficios obtidos ó desenvolvemento das actividades deportivas dos seus asociados.

  6. O Club poderá gravar e allear bens inmobles, tomar diñeiro a préstamo e enmitir títulos transmisibles representativos de débeda ou parte alícuota patrimonial, de acordo coas disposicións legais en vigor, e sempre que tales operación sexan autorizadas por maioria dos sous terzos dos socios presentes en Asemblea Xeral Extraordinaria e que non comprometan de modo irreversible o patrimonio da Entidade ou a actividade físico-deportiva que constitue o seu obxeto social.

  7. Cando se trate de gravar ou allear bens, mobles e inmobles que foran financiados en todo ou parte, con Fondos Públicos da Comunidade Autónoma será preceptiva a autorización previa do órgano competente da Xunta de Galicia.

<< Capítulo II Índice de Contenido Capítulo IV >>