Capítulo V: Réxime Documental

Artigo 30º: Réxime Documental do Club

O réxime documental do Club constará do seguinte: o libro rexistro ou fichero de socios, o libro de actas e os propios da contabilidade, todos os cales poderán levarse por medios informáticos.

No libro rexistro ou fichero de socios deberán consta-los nomes e apelidos dos socios, o seu documento nacional de identidade, a súa dirección e teléfono e, se é o caso, os cargos que exerzan na asociación. Tamén se especificarán as datas de altas e baixas e as tomas de posesión e cesamento nos cargos aludidos.

Nos libros de actas consignaránse as reunións que celebren as Asembleas Xeral e Extraordinaria e a Xunta Directiva, con expresión da data, asistentes, asuntos tratados e acordos adoptados. As actas serán asinadas, en todo caso, polo Presidente e o Secretario.

Nos libros de contabilidade figurarán tanto o patrimonio coma os dereitos e obligas, os ingresos e gastos da Asociación, debendo precisarse a procedencia daqueles e o investimento ou destino destes.

<< Capítulo IV Índice de Contenido Capítulo VI >>