Capítulo VIII: Réxime Disciplinario

Artigo 35º: Regulamento Disciplinario

Os órganos e socios do Club estarán sometidos ó regulamento disciplinario do Club e ó disposto no Título VII da ley 3/2012, do Deporte de Galicia, e a súa normativa de desenvolvemento.

Asi mesmo o Presidente e os membros da Xunta Directiva responderán fronte os socios ou terceiros dos prexuicios que ocasionaren por culpa ou neglixencia grave, de conformidade coa regulamentación propia do Club e o Ordenamento Xurídico vixente.

Artigo 36º: Infraccións

Constituen infraccións as seguintes conductas:

  1. Desobediencia ás ordes emanadas da Xunta Directiva.

  2. Conducta vexatoria ou inxuriosa en relación cos demáis socios do Club.

  3. Conducta vexatoria e desconsiderada en relación cos empregados do Club ou persoas que presten servicios nel.

  4. Infracción reiterada da normativa comunmente aplicable en relación coas actividades do Club.

  5. Conducta inconveniente dentro dos locais do Club o unas súas aguas, plataformas, embarcadoiros, embarcacións ou instalación náuticas deportivas.

  6. Conducta deshonrosa do socio fora do Club, pública e notoriamente recoñecida.

  7. Condena firme e pena de privación de liberdade ou inhabilitación absoluta ou especial.

Estas infraccións terán a consideración de grave agás que polas circunstancias concorrentes poidan considerarse menos graves.

Artigo 37º: Sancións

As infraccións graves suporán a perda da condición de socio en todos os seus dereitos. As menos graves serán sancionadas ca separación do socio por un período de tempo que non será inferior a un mes nin superior a dous anos. Aquelas que pola súa escasa trascendencia deban considerarse leves serán sancionadas con apercibimento.

Durante o tempo que dure a sanción o socio ou familiar non poderá acceder a ninguna instalación do Club nin tomar parte en ninguna das suas actividades deportivas.

Artigo 38º: Expedientes Disciplinarios

As sancións imporanse trala incoación previa de expediente disciplinario con audiencias do interesado por un plazo de quince días. Serán incoados por acordó da Xunta Directiva que designará como instructor a un dos seus membros.

O instructor, unha vez oído o interesado, cualificará os feitos e elevará a súa proposta a Xunta Directiva logo de comunicarllo o socio interesado para que formule as alegacions nun plazo de quince días.

A resolución do expediente corresponde a Xunta Directiva e deberá ser ratificado pola Asemblea e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria. Nesta sesión non poderá tomar parte o membro da mesma que fose instructor do expediente.

Todo iso sen prexuizo das sancións federativas suxeitas as leis do deporte.

<< Capítulo VII Índice de Contenido Capítulo IX >>