logo club náutico de camariñas

Récord de Entradas de Embarcacións e Cambios no Bar Náutico

Dende o Club Náutico de Camariñas queremos trasladar que seguimos a batir récords, neste caso, non en relación a un evento senón concretamente ao número de embarcacións que se achegan aos tres pantaláns dos que dispoñe o Club no porto de Camariñas.

Con datos a 29 de xullo, estamos ante o mellor ano dende o 2014, e superando nun 15% o número de embarcacións en relación a ese ano e converténdose no mellor destos últimos 5 anos.

Este dato contrasta coa realidade do número de turistas que disminuio na maioría das poboacións da Costa da Morte en comparativa co ano pasado, ben polo mal tempo ou por outras características como a competencia doutras zonas. Por iso, o dato do Club Náutico de Camariñas reforza o turismo náutico na Costa da Morte e demotras que é un valor en alza constante e que mantén unhas cifras ano tras ano moi estables e que permite incluso como neste 2018, superar ao mellor ano do 2014 nun 15% máis de embarcacións atracadas nos pantaláns do Náutico.

É un feito tal, que facía anos non se tiña constancia de tal entrada de barcos diaria e que a veces desborda aos propios operarios do Club para atender as demandas das embarcacións.

Incorporación de cambios no Bar Náutico

Tamén queremos informar, que dende o 1 de agosto, o local do Bar Náutico permanecerá pechado por uns días, co fin de facer algúns cambios e a incorporación de novos servicios para socios/as e clientes/as, intentando que redunde todo elo no mantemento e incluso incremento da satisfacción de todos os usuarios/as destas instalacións.

Dende o Club Náutico de Camariñas, rogamos por elo que disculpen as molestias, e en breve estaremos de novo abertos e con aires novos para seguir sendo un dos mellores establecementos hosteleiros da Costa da Morte, e celebrando a apertura cunha festa de inauguración, e trasladando as gracias a todos/as pola súa comprensión e máis sabendo nas datas nas que nos encontramos.

Aproveitamos para comunicar que a cea anual de socios/as terá lugar o sábado, 25 de agosto.

Dpto. Comunicación