Celebración Cea Anual do Socio

Celebración Cea Anual do Socio

Gran éxito da Cea Anual dos Socios/as do Club Náutico de Camariñas tanto en número de asistentes como de organización así como do servicio do menú capitaneado pola concesionaria do Bar Náutico, Chus Ramos.

Así o atestiguaban os protagonistas que participaron nos actos levados a cabo ó longo da noite, e onde remarcaban nos seus discursos que non recordaban xa noites así co Salón Social ateixado de socios/as e acompañantes, posto que preto de 160 persoas enchían o Salón da entidade e onde prácticamente “non cabía un alfiler”.

Unha velada que contou cun menú especial para unha ocasión especial que o merecía, como é a cea anual dos socios/as e onde o servicio da concesionaria do Bar Náutico, con Chus Ramos e o seu equipo, fixo posible unha rápida atención no servicio de platos e postres así como da calidade do menú presentado: empanada, tortilla, camarón, cigalas, carne asada e postre especial de CHUSCAKE. Pleno total para o equipo de cociña e camareiros/as e así recoñecido por todos os comensais.

Durante o postre, e antes da celebración do tradicional sorteo de diversos e importantes regalos, tuvo lugar un acto importante que tuvo como protagonistas a Juan Esteban Campaña e Xosé Luis Blanco, por canto se fixo presente a entrega por parte do primeiro do diploma que recoñecía a o socio fundador Xosé Luis Blanco Campaña como Presidente de Honor, e que lle fora outorgada tal distinción en novembro de 2008, cando presidía a entidade D. José Gómez (d.e.p.) e como Secretario do Club Juan Esteban Campaña.

Xosé Luis Blanco dou as gracias a todos/as por tal recoñecemento, así como a Juan Esteban polas palabras dedicadas a súa persoa, e onde incidía na necesidade de facer xustiza con esta entrega do Diploma de Presidente de Honor que xa levaba preto de 10 anos pendente da súa entrega e que finalmente, pasará a ocupar un espazo no salón social, xunto cos outros diplomas dos Presidentes de Honor: José Trillo Fernández-Abelenda (d.e.p.) e D. Manuel Fraga Iribarne (d.e.p.).

Despois deste emotivo acto, fíxose entrega dos carnés do Club Náutico dos novos socioas/as da entidade, facendo entrega dos mesmos, Os ex-presidentes, D. José Ramón Ayora e D. Xosé Luis Blanco así como o presidente actual, Martín Castiñeira. Por certo, durante o inicio dos discursos, o actual presidente Martín Castiñeira, mandou un cariñoso saludo e ánimos para a pronta recuperación do socio Triñáns e que foi apoyado por un gran aplauso dos presentes.

Inmediatamente da celebración da entrega de novos carnés, tivo lugar o inicio do sorteo con variados e importantes regalos.

E finalizado o acto do sorteo, foi hora de dar comezo ao baile co a participación do dúo D´CAFÉ que fixeron mover o corpo ata horas prudenciales da madrugada a veteranos e xóvenes.

Tamén, dende a Xunta Directiva, comprendendo que hai moitas parexas xóvenes e con rapaciños/s pequeniños, manifestaron que na próxima asamblea presentarían para decisión e votación dos socios/as a posibilidade de que os pais con fillos pequeniños/as poideran acudir a esta velada e nunha zona especial acondicionada para eles coa presencia de monitores. Será un tema a valorar polos socios/as en asamblea e ver as posibilidades existentes para tal fin.

Dende a Xunta Directiva do Club Náutico, presidida por Martín Castiñeira, se agradecio a presencia de preto de 160 persoas que deron así fe da forza da entidade e do mantemento histórico dun dos mellores Club Náuticos de Galicia e sendo dos primeiros da comunidade en número de atraques de embarcacións de todo o mundo. E así, van a seguir traballando para seguir sendo un referente no turismo da Costa da Morte.

Dpto. Comunicación