club nautico camarinas pantalanes

Novedades no Club Náutico – Octubre 2018

Novas sección deportivas e Cea de Nadal dos socios/as

Dende o Club Náutico de Camariñas, queremos trasladar varias novas de interese:

Cea de Nadal dos socios/as

O vindeiro 22 de decembro, terá lugar a tradicional Cea Baile de Nadal dos socios/as da entidade, e onde ademáis de entrantes e cocido galego, poderase disfrutar da música dun bó Dúo musical.

Os socios/as interesados en acudir a Cea baile do Nadal, poderan reservar praza (Socio +acompañante) ata o 19 de decembro ás 20:00 horas, ben acudindo ao Bar Náutico ou chamando ao móbil 618 95 05 57

Nos vindeiros días, remitiremos comunicación postal a todos os socios/as para dar conta destas novas e doutras que serán tamén do seu interese.

Nova sección deportiva de Xadrez

A Directiva do Club acaba de iniciar os pasos para a creación da nova sección deportiva de XADREZ que estará coordinada por Alberto Luaces e José M. Olveira, e onde poderan inscribirse os socios/as, así como os fillos/as e netos/as de socios/as, co fin de ir formando un grupo humano de variadas edades e coñecementos, para chegar a formar un equipo e competir nas ligas da Costa da Morte e noutras ligas si nos fora posible, así como nas ligas internas que se van a crear a tal efecto, ademáis de ir preparando e formando aos máis pequeniños/as neste xogo apaxionante do Xadrez.

Todos os socios/as así como os seus fillos/as e netos/as, interesados en formar parte desta nova sección deportiva, poden inscribirse na oficina do Club, de luns a venres de 18:00 a 20:00 horas ou ben ao móbil: 618 95 05 57

Nova sección deportiva de Piragüismo

Os Directivos do Club, Alberto Ayora e Alberto Luaces, están mantendo conversas e negociacións con distintas entidades deportivas para poder presentar sobre Semana Santa, a nova sección deportiva de Piragüismo do Club Náutico, e por elo, esperase que nos próximos meses podamos dar información puntual sobre esta sección aos socios/as e ir así conformando o interese dos máis pequeniños/as para formarse nesta disciplina deportiva.

Dpto. Comunicación