Capítulo I: Obxeto, Domicilio e Ámbito de Aplicación

Artigo 1º: Obxeto

O Club Náutico de Camariñas, fundado o 9 de agosto de 1991, é unha Asociación privada con personalidade xurídica e con capacidade de obrar, integrada por persoas físicas ou xurídicas que ten como obxectivo primordial o estimular a iniciación, formación e práctica do deporte da vela e, en xeral, de toda clase de deportes de mar, podendo participar en competicions amigables ou oficiales a través das diferentes seccions deportivas que poidan crearse, adcribíndose a aquelas federacións deportivas do ámbito náutico que no seu caso corresponda. Complementariamente establécese o obxetivo de distribución polo miudo de carburantes a embarcacions deportivas.

Artigo 2º: Domicilio

O domicilio social do Club está establecido no edificio da súa propiedade situado na rúa Peirao Novo, s/n, C.P. 15123 – Camariñas (A Coruña), con número de teléfono: 981 73 71 30, i e-mail: cncamarinas@cncamarinas.com.

O Presidente cando as circunstancias o aconsellen, poderá acordar o cambio de domicilio social dentro da mesma localidade. Para o traslado do domicilio a outra localidade, que deberá ser sempre dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, será necesario o acordó maioritario da Asemblea Xeral Extraordinaria. En ámbos casos, o traslado de domicilio social non implicará modificación estatutaria, e terá que ser notificado aos socios, e ao Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

Artigo 3º: Insignia

A insignia do Club é un gallardete azul e blanco, co antigo escudo de Camariñas ó que se lle incorpora unha roda de timón. Simboliza o respecto á tradición mariñeira da vila.

As embarcacions propiedade do Club deberán levar este emblema nun sitio preferente.

Índice de Contenido Capítulo II >>