Capítulo II: Clases de Socios, Admisión, Dereitos e Obrigas

Artigo 4º: Clases de Socios

O número de socios será ilimitado. A Asemblea Xeral poderá suspender, non obstante, a admisión de novos socios cando así o esixan razón de aforo ou capacidade física das instalación. Os socios poderán ser das seguintes clases: honorarios, fundadores, de número, eventuais e transeúntes.

Asimesmo, existirá a condición de familiar de socio, tal como se describe no artigo 5º destes Estatutos. Soamente poden ser socios as personas físicas.

  1. Son Socios de Honor, aquelas persoas que así sexan investidas por decisión maioritaria da Asemblea Xeral, trala proposta previa da Xunta Directiva baseada en criterios de extraordinario mérito do nomeado. Terán un posto de preferencia nos actos oficiais da Sociedade.

  1. Son Socios Fundadores, os que, como tales figuran nas actas correspondentes do ano fundacional pola sua contribución especial e xenerosa á creación da Sociedade, sendo ao mesmo tempo socios de número.

  1. Son Socios de Número, os que, cumprindo o disposto nos artigos 6º e 7º destes estatutos, causen alta no Club mediante o aboamento da cota de entrada establecida pola Asemblea Xeral.

  1. Son Socios Eventuais, todos aqueles que teñan pendente de pagamento calquera fracción da cota de entrada. A opción de acollerse ó pagamento fraccionado da dita cota será admitida ou denegada en atención á valoración circunstancias particulares que en cada caso concreto concorran. En calquera caso, a potestade de decidir libremente corresponde a Xunta Directiva.

  1. Son Socios Transeúntes, as persoas non residentes habitualmente na provincia da Coruña a ós que, sendo presentados por tres socios, a Xunta Directiva lles recoñece a condición de socios por un período de tempo limitado, que non poderá ser inferior a un mes nin superior a catro meses. Será preciso que entre o tempo da condición de socio transeúnte e unha posible nova alta na mesma condidición transcorra un intervalo mínimo de dez meses. Estes socios, que non Terán voz nin voto nas asembleas do Club, deberán aboar o dobre da cota do socio de número durante o período que ostente a condición de socio transeúnte.

Artigo 5º: Familiares de Socio

Terán a condición de familiares de socio:

  1. O cónxuxe os fillos e o viúvo-a do socio-a, ou a parella de feito.

  2. Os ascendentes, incluidos os do seu cónxuxe, que convivan no seu domicilio e dependan del económicamente.

  3. Os irmáns solteiros ou viúvos do socio que convivan no seu domicilio e dependan del económicamente.

  4. Os familiares de calquer outro grao de consanguinidade ou afinidade que sempre que a Xunta Directiva estime que existe causa xusta para iso.

ara gozar dos dereitos de familiares de socios, éstes deberán inscribirse como tales na secretaía do Club.

No caso de separación ou divorcio, a exparella poderá acceder a ser socio de número aboando a cota de socio fixada nese momento, quedando exento de aboar a cota de entrada. Este dereito deberá exercelo no prazo dos seis meses dende a data da separación ou divorcio, ou dende a cesación da convivencia no caso de parellas de feito.

Os familiares de socio terán os dereitos corporativos e sociais sinalados nos apartados a), b) c) é e) do artigo 9º

Artigo 6º: Ingreso dos Socios

Para ingresar como socio de número ou eventual é indispensable ter a maioria de idade, ser presentado por tres socios de número e aboar a cota de entrada que estea fixada por Asemblea nese momento. Establécese ademáis, que durante o mes de xaneiro de cada ano, poderán darse de alta socios de número, aboando soamente a metade da cota de entrada establecida.

Cando en secretaría se reciba a solicitude, remitirase a Xunta Directiva, e nesta, estando presentes polo menos as dúas terceiras partes dos seus membros, someterase a votación secreta, decidíndose por maioria simple.

Os candidatos que obteñan votación favorable remitiráselle escrito invitándoos a causar alta. En caso distinto, arquivarase a solicitude do candidato, sen mais trámite. Toda invitación para ser alta como socio que non sexa utilizada nos trinta días seguintes á data en que a recibisen, considerarase sen efecto.

Artigo 7º: Dos Fillos dos Socios

Os fillos dos socios do Club con unha antigüedade mínima de 1 ano, converteranse en socios de número no momento que tomen esa decisión voluntariamente e fagan a solicitud ante a Xunta Directiva, pasando a aboar a cota mensual establecida no seu momento, pero sen ter que aboar cota de entrada ninguna.

Analogamente, os fillos dos socios eventuais poderán efectualo con esa calidade. O importe da cota de entrada que deben satisfacer será igual ó resto da cota de ingreso que lle quede por amortizar ó seu pai, debidamente actualizada conforme o disposto no apartado d), do artigo 4º.

Artigo 8º: Baixas Voluntarias e Reingresos

As baixas voluntarias e os reingresos correlativos dos socios deberán presentarse por escrito na secretaría, que deixará constancia de telo recibido. Sen este requisito non se considerarán formalizados.

Os ingresos dos socios que fosen dados de baixa, por causa voluntaria ou por expediente, deberán ser acordados pola Xunta Directiva.

Artigo 9º: Dereitos Corporativos e Sociais

Todos os socios poderán desempeñar cargos de toda índole na organización do Club, a excepción dos eventuais e transeúntes, que poderán formar parte das Comisions que a Xunta Directiva poida designar.

Con suxeición estricta ás resolucions da Xunta Directiva, os socios Terán os seguintes dereitos:

  1. Entrar e permanecer nos locais do Club e a utilización de todos os servizos instalados no mesmo.

  2. Concorrer ós actos e eventos que o Club organice, aceptando previamente as condicions fixadas para asistir a elas.

  3. Utilizar as embarcacions propiedade do Club, nas condicions que en cada caso se determine.

  4. Realizar propostas de admisión de novos socios.

  5. Usar o emblema do Club.

  6. Asistir as xuntas xerais con voz e voto, coas excepcions fixadas no artigo 16º.

  7. Ser elector e elexible para os órganos de representación e gobernó da Sociedade (só no caso de socios fundadores é de número).

  8. Coñecer as actividades do Club e examinar a súa documentación, previa petición por escrito e razoada á Xunta Directiva.

A Todo socio, polo simple feito de selo, supónselle informado das disposicions contidas nestes Estatutos.

Artigo 10º: Obrigas dos Socios
  1. O pagamento das cotas mensuais, das extraordinarias, das cantidades que se orixinen polo uso de servicios retribuidos e de todo ós arbitrios e cargas económicas que, de acordó co contido destes Estatutos, poidesen imponerse.

  2. O cumprimento de toda a normativa aplicable en relación coas actividades do Club

  3. Contribuir o sostemento e difusión do deporte ou modalidades deportivas.

  4. O cumprimento de canto estes Estatutos sinalan e de canto preceptúan os regulamentos de réxime interior do Club, asi coma as instrucións da Xunta Directiva e das Comisions correspondentes, en canto estas non contraveñan o legal ou o estaturariamente establecido.

  5. O cumprimento dos acordos válidamente adoptados pola Asemblea Xeral e a Extraordinaria.

  6. Extremar o respecto e consideracións debidas ós demais socios e ás persoas que acasionalmente se encontren nos locais, dependencias e embarcacions do Club.

  7. O cuidado do mobiliario, instalacions e embarcacions.

  8. Prestar atención ás indicacións dos empregados ó servizo do Club para o mellor desenvolvemento da vida social nas diversas manifestacións.

Artigo 11º: Perda da Condición de Socio

A condición de socio perderase polas seguintes causas:

  1. Por vontade propia manifestada por escrito a Xunta Directiva, con carácter definitivo.

  2. Por falta de pago das suas cotas sociais, durante doce meses consecutivos (duas cotas), previo requirimento de pago, e posterior resolución do Presidente; de calquer outra extraordinaria ou por non satisfacer as cantidades que correspondan o pagamento doutros servizos retribuidos, xa sexan prestados directamente polo Club ou a través de terceiros contratados polo Club.

  3. Por acordo do Presidente no seu caso, fundado en faltas de carácter grave, previa audiencia do interesado, que haberá de ser ratificado na primeira asamblea xeral que se celebre.

  4. Por calquera outra causa establecida na lexislación vixente.

  5. A Xunta Directiva poderá aceptar a petición do socio de rehabilitación nos seus dereitos, sempre que medien causas debidamente xustificadas, que serán apreciadas libremente pola Xunta Directiva.

Artigo 12º: Dereitos de Amarre

Os socios poderán amarrar as embarcacions da sua propiedade nos pantaláns do Club, asi como, en xeral, utilizar as suas instalacións, respetando as normas que para iso dicte a Xunta Directiva e atendendo ó sitio disponible e á seguridade das embarcacións. Os seus propietarios aboarán, se é o caso, as cotas ou tarifas que correspondan.

Todo socio dono dunha embarcación inscrita no Club poderá facer uso do gallardete do mesmo, e estará obrigado a facelo, con exclusión do de outra sociedade, siempre que participe en regatas oficiais.

O Club non asume responsabilidade alguna polos danos que poidan causarse nas embarcacions propiededa dos socios ou nas dos navegantes transeúntes, nin as que estes poidan producir nas alleas, ainda cando sexan orixinadas con material da Sociedade; pero esta apoiará, nos termos procedentes, as reclamacións que algún socio teña dereito a formular e formule por avaría causada no material por persoa que non perteneza ó Club.

<< Capítulo I Índice de Contenido Capítulo III >>