Capítulo IV: Órganos de Goberno, o seu Réxime e Funcionamento

Artigo 15º: Organos de Goberno

Son órganos de representación e goberno do Club, a Asemblea Xeral, o Presidente e a Xunta Directiva.

Artigo 16º: Asemblea Xeral

A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno do Club. Estará integrada por todos os seus socios de número. Poderán asistir tamén os socios eventuais e transeúntes, con voz pero sen voto. Igualmente poderán asistir os familiares de socio, sin voz nin voto, co obxeto de acercar e dar a conocer á xestión e á vida do Club a todas as persoas vinculadas a él.

As asembleas Xerais, tanto Ordinarias como Extraordinarias, quedarán válidamente constituidas en primeira convocatoria cando concorran a ela o 50% polo menos dos seus asociados. En segunda e última convocatoria media hora más tarde, quedará constituida calquera que sexa o número de membros presentes

O anuncio da convocatoria deberá cumprir os seguintes requisitos:

  1. Ser exposta no taboleiro de anuncios do Club con, polo menos, quince días naturais de antelación á celebración da asemblea e comunícalo con antelación por correo ordinario, podendo facelo asemesmo, a través das redes sociais.

  2. Conter, coa debida claridade, o lugar, data e hora en que deba celebrarse a asamblea en primeira ou segunda convocatoria, asi coma os asuntos que constitúen a orde do día.

Non será admitida a delegación de voto no seo da Asemblea.

Artigo 17º: Asemblea Xeral Ordinaria.

A asamblea xeral reúnirase, con carácter ordinario unha vez o ano previa convocatoria do Presidente a iniciativa propia, a petición da Xunta Directiva ou do 10%, ó menos, dos socios de número. En este caso, presentada a solicitude polos socios, o Presidente dispón dun prazo de 15 días hábiles para convocar a mesma, no caso contrario, perdería a condición de Presidente e abriríase un novo proceso electoral de acordo con Anexo I, deste Estatutos.

Son funcións da asemblea xeral ordinaria as seguíntes:

  1. A aprobación da acta da reunión anterior.

  2. Memoria, liquidación do presuposto, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación se procede.

  3. Presuposto para o seguinte exercicio.

  4. Proxecto e propostas do Presidente ou da Xunta Directiva.

  5. Exámen e votación das proposicións que formulen os socios e que terán que ir asinadas ó menos polo cinco por cento dos mesmos con dereito a voto.

  6. Rogos e preguntas.

Artigo 18º: Asemblea Xeral Extraordinaria

Será preceptiva a convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria para tratar os seguintes puntos, podéndose convocar cantas veces sexa necesario.

  1. Modificar os Estatutos do Club.

  2. Elexir a Xunta Directiva e o seu Presidente con arranxo ao disposto no Regulamento Electoral.

  3. Acordar a disolución da Sociedade.

  4. Fixar as cotas sociais.

  5. Tomar diñeiro a préstamo.

  6. Allear e gravar bens inmobles.

  7. Destinar os bens a fins industriais, comerciais, profesionais ou de servizos ou exercer actividades de igual carácter ou participar en sociedades que as exerzan coas limitacións legalmente establecidas.

Artigo 19º: Quórum

Os acordos da Asemblea Xeral adoptaranse por maioria simple dos socios presentes con dereito a voto, en caso de producirse empate, decidirá o voto do Presidente. Serán vinculantes e de obrigado cumprimento e terán forza executiva a partir da data da súa adopción, sen prexuizo, por razón da materia, da posibilidade da sús impugnación perante os órganos competentes e da Federación Galega Deportiva da modalidade ou perante o Comité Galego de Xustiza Deportiva.

Exceptúanse os acordos a que se refiren os puntos a), e), f) y g) do artigo 18º destes estatutos, que requerirán a aprobación dos dous terzos dos socios presentes, e o punto c) que requerirá a aprobación das tres cuartas partes dos presentes con dereito a voto.

Artigo 20º: Da Xunta Directiva.

A Xunta directiva é o órgano de goberno e representación da Sociedade, e exercerá as función que estes estatutos lle confiren.

Os membros da Xunta Directiva serán designados e revocados libremente polo presidente, debendo dar conta de diso na primeira Asemblea Xeral que se celebre. Todos os cargos serán gratuítos e carecen de interese nos resultados económicos do Club por si mesmos ou persoa interposta. Estará constituida por:

  • Presidente

  • Vicepresidente

  • Secretario

  • Tesoureiro

  • Comodoro

  • Vogal de vela

  • Vogal de infraestructuras e mantemento.

  • Vocal de actividades sociais e de relación públicas

  • 2 Vogais máis

A elección da Xunta Directiva efectuaráse por un período de catro anos.

Todos os cargos directivos son reelixibles sen ningún límite temporal e deberán ter unha antigüedade mínima de 1 ano como socio do Club.

1: A Xunta Directiva quedará válidamente constituida en primeira convocatoria cando concorran a ela a mayoría dos seus membros. En segunda convocatoria será suficiente a concorrencia polo menos de tres dos seus membros, e, en todo caso do Presidente.

2: A Xunta Directiva convocarase polo Presidente con dous días de antelación como mínimo, á data de celebración. Quedará tamén válidamente constituida cando estén presentes todos os seus membros, ainda que non houbera mediado convocatoria previa.

3: En especial corresponde a Xunta Directiva:

  1. Dirixir a xestión do Club, velando polo cumprimento do seu obxeto social.

  2. Formular o inventario, memoria e presuposto anual, que se someterá a aprobación da Asemblea.

  3. Aplicar todas as medidas deportivas, económicas e administrativas precisas para o fomento do deporte dentro do Club.

  4. Manter a orde e a disciplina na sociedade, así coma, nas competicións que organice.

  5. Redactar e reformar o regulamento de réxime interior e demais regulamentacións sociais, fixando as normas de uso das instalación e as tarifas correspondentes.

  6. Nomear as persoas que deban formar as distintas comisión que se creen, así como organizar e dirixir as actividades do Club.

Cada ano a Xunta Directiva someterá a consideración da Asemblea Xeral o resultado da súa xestión social, deportiva e administrativa, acompañando todos os datos e informes que xulgue necesarios e interesantes para a interpretación do seu labor.

Todo membro da Xunta Directiva ten o deber de corrixir no acto calquera deficiencia que detecte, tomando para iso as medidas que xulgue convenientes para a Sociedade e dando conta diso a Xunta.

O Presidente e a Xunta Directiva deberán guiar a súa xestión polo comportamento ético e baixo os principios de democracia e transparencia, e responderán fronte os socios, terceiros e ante o propio Club dos perxuizos causados por dolo, culpa ou neglixencia grave, dacordo coa propia regulamentación do Club e o ordenamento xurídico vixente.

Artigo 21º: Do Presidente

O Presidente é o órgano executivo do Club. Detenta a súa representación legal, preside os órganos de gobernó e executa os acordos válidamente adoptados pola Asemblea e a Xunta Directiva. Ten facultade para, sen necesidade de reunir a directiva, adoptar calquera providencia que, pola índole do asunto a que se contraía, exisa inmediata resolución.

O cargo de Presidente é a título gratuito e carente de interese nos resultados económicos da explotación, por si mesmo ou a través de persoa interposta. Será elexido mediante sufraxio libre, directo e secreto por e entre os membros da Asemblea Xeral cada 4 anos.

O Presidente cesará por:

  1. Transcorrer o prazo polo que foi elexido.

  2. Dimisión.

  3. Falecemento ou incapacidade física ou psíquica para continuar no exercicio do seu cargo.

  4. Aprobación dunha moción de censura pola Asemblea Xeral.

  5. Inhabilitación por sentenza xudicial firme ou sanción deportiva.

Artigo 22º: Do Vicepresidente

O Vicepresidente substituirá o Presidente nos casos de ausencia ou imposibilidade de actuar, así coma tamén naqueles en que se reciba encargo ou delegación do Presidente para efectualo.

Artigo 23º: Do Secretario

O Secretario levará os libros das actas da Xunta Directiva e das Asembleas, os rexistros dos socios; redactará cantos documentos afecten a marcha administrativa da Asociación, terá o seu cargo o arquivo de documentación do Club e presidirá, no seu caso, a Comisión de Réximen Interior.

Artigo 24º: Do Tesoureiro

O Tesoureiro da Xunta Directiva será o depositario da Asociación, asinará os recibos, autorizará os pagos e levará os Libros de Contabilidade, intervindo todos os ingresos e pagamentos que se realicen.

Será obriga do Tesoureiro formalizar, durante o primeiro mes de cada ano, un blance de situación e as contas de ingresos e gastos que se porán en coñecemento de todos os asociados.

Artigo 25º: Do Comodoro

O Comodoro redactará, proporá e executará os programas de regatas e demáis actividades deportivas do Club, tras a aprobación da Xunta Directiva.

Será o responsable das actividades deportivas e dirixirá en todo momento o seu desenvolvemento.

Os seus colaboradores inmediatos serán o Vogal de vela e os demáis vogais das restantes sección deportivas se as houbese.

Poderá formar unha comisión deportiva, a cal lle prestará a axuda que sexa necesaria para o mellor desenvolvemento das citadas actividades deportivas. Será o seu Presidente nato, e a ela pertenecerán, entre outras persoas que poida designar a Xunta Directiva, os capitáns das distintas flotas con que conte o Club.

Artigo 26º: Do Vogal de Vela

O Vogal de Vela levará o rexistro de todos os iates e embarcacións que sexan propiedade dos socios ou do Club, ou que utilicen as instalación déste. Terá o seu cargo o acondicionamento e estadías das embarcacións, tanto en terra coma no mar, así as varadas e as botaduras, e todo o relativo ós puntos de amarre.

Artigo 27º: Do Vogal de Actividades Sociais

O Vogal de Actividades Sociais programará e dirixirá o relativo os xogos e festas da sociedade. No seu momento proporá a Xunta Directiva as bases, normas ou regulamentos que deban rexer nos que colectivamente se organicen para entretenemento dos socios do Club, así coma os premios que se outorgarán nesas competicións.

No que afecte a festas da Sociedade deberá, ó iniciarse cada ano, presentar un programa daquelas que pola sua tradición deban solemnizarse, asi coma un avance das que considere adecuadas para a respectiva tempada de verán e nadal.

Coidará da contratación das orquestas e de proponer os alicientes ou novidades que estime en consonancia cos festivais organizados.

Artigo 28º: Do Vogal de Infraestructuras e Mantemento

O Vogal de Infraestructuras e Mantemento terá o seu cargo a formación do inventario de tódols bens, mobles e inmobles, propiedade do Club, a conservación e restauración dos mesmos. Proporá a Xunta Directiva as adquisicións, alleamentos e demáis particularidades que en relación co seu cargo estime convinte.

Artigo 29º: Substitución de Cargos

O vogal de maior idade corresponde a substitución do Presidente ou Vicepresidente por ausencia, e e ó mais novo á do Secretario no mesmo caso.

<< Capítulo III Índice de Contenido Capítulo V >>