Capítulo IX: Reforma dos Estatutos e Disolución do Club

Artigo 39º.- Reforma dos Estatutos

Os presente estatutos só se poderán modificar, reformar ou derogar, por acordó da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada a tal efecto, mediante votación favorable dos dous tercios dos socios de número asistentes. A reforma destes estatutos seguirá, con respecto ó Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, os mesmos trámites administrativos que para a súa inscrición

Artigo 40º.- Disolución do Club

O Club extinguirase ou disolverase por acordo de:

  1. Das tres cuartas partes dos socios presentes en Asemblea Xeral Extraordinaria, convocada a tal efecto.

  2. Por sentencia xudicial.

  3. Por outras causas legalmente determinadas. En todo caso haberá de ser notificado ó Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

Disolto o Club, o remanente do seu patrimonio social se houbera, aplicarase a fins análogos de carácter deportivo da vila de Camariñas, ben por acordo da Asemblea Xeral ou subsidiariamente polo órgano competente en materia de deporte da Xunta de Galicia.

DISPOSICION TRANSITORIA

Seguiranse mantendo os dereitos adquiridos polos socios e familiares de socios con anterioridade á aprobación destes estatutos.

Camariñas, a 30 de abril de 2016.

<< Capítulo VIII Índice de Contenido Anexo I >>