Capítulo VII: Das Agrupacións Deportivas

Artigo 33º: Constitución de Agrupacións Deportivas

Previo acordo da Xunta Directiva poderán crearse no seo do Club diversas sección ou agrupacións deportivas nas que se integrarán aquelas persoas socios e non socios que queiran desenvolver a práctica e a competición de calquera deprote náutico. Cada unha destas agrupacións deberá afiliarse a federación deportiva que en cada caso corresponda, podendo, no exercicio das suas actividades:

  1. Solicitar e obter subvencóns de organismos tanto públicos coma privados, fondos que únicamente poderán destinar os fins deportivos que lle son propios.

  2. Asinar acordos e convenios de colaboración, patrocinio, etc., con calquera asociación ou organismo, público ou privado, xa se trate de persoa física ou xurídica, que lle axuden ao desenrolo das súas actividades e contribuían a conseguir os seus obxetivos deportivos.

  3. Inscribirse a participar en campionatos, ligas ou competicións, tanto oficiais como amigables, o que farán en nome e representación do Club, debendo portar en todo momento as súas insignias e emblemas.

  4. Dotarse das suas propias normas e directrices de funcionamentro, previa aprobación da Xunta Directiva, e sen perxuicio de cumprir co regulamento de réxime interno que lle poida aplicar a propia Xunta Directiva do Club.

Artigo 34º: Relacións das Agrupacións co Club

As agrupacións deportivas, ainda que creadas no seo do Club, terán personalidade propia e actuarán de forma independente na súa xestión e funcionamento, limitándose a Xunta Directiva a tutelar e supervisar as suas actividades, sin prexuicio das atribucións que se refiren a continuación:

  1. Vixiar e orientar o seu funcionamento e actividades, a través do comodoro, velando por manter nelas a disciplina que sexa necesaria e un axeitado espírito deportivo.

  2. Suprimir unha determinada agrupación ou sección deportiva cando no seu funcionamento se incumpran ou non se respeten as disposición contidas nos presentes estatutos, ou cando as actividades desenvoltas poidesen perxudicar os intereses do Club

  3. Redactar as normas polas que se han de rexer as agrupacións, dotándoas dun regulamento de réxime interno.

  4. Prestarlle ás agrupacións o máximo apoio posible, dentro das posibilidades de actuación do Club, ó obxeto de axudarlles a acadar os mellores resultados nas actividades ou competicións nas que tomen parte.

O Club porá a disposición dos afiliados deportivos as súas instalación náuticas e prestaralles os servizos necesarios para a práctica das súas actividades deportivas. Na relación co Club, as agrupacións deberán nomear un capitán, que fará as veces de representante e interlocutor oficial.

A adscrición dos membros das agrupacións deportivas ó Club é de carácter estritamente deportivo. Non gozarán, por conseguinte, de ningún dos dereitos que posúen os socios, excepto os que lle recoñecen expresamente estes estatutos e as normas particulares polas que se rixan.

<< Capítulo VI Índice de Contenido Capítulo VIII >>